Sen comentarios, estes dous videos non teñen desperdicio...
26 junho, 2009
Publicado por iNo 0 comentarios
Esta noite fodo!! QVMT
06 maio, 2009
Cando levas moito tempo sen mollar,-a veces- nada mellor que os consellos de un amigo...
Outro capítulo máis de "Que vida más triste", todos os que non a coñezades aquí tedes a súa web.
É unha serie de humor online creada por Natxo del Agua e Rubén Ontiveros, e o guión e a dirección é feito polo mesmo Ontiveros. No 2008 comezou a emitirse na canle de television La Sexta.
De agora en diante colgarei os capítulos semanais que vaian sacando.
Publicado por iNo 0 comentarios
Viva Confucio e a confusión!
04 maio, 2009
Aquí vos deixo o típico concurso de misses no cal, gracias ás participantes, todos teremos un pouquiño máis de cultura xeral...
Saber que se sabe o que se sabe, e que non se sabe o que non se sabe, aí o verdadeiro saber. Confucio.
Publicado por iNo 0 comentarios
Porn screensaver during a powerpoint presentation
03 maio, 2009
Levas días preparando esta proxección, é importante para ti, xógaste moito na túa empresa segundo os resultados acadados, estás concentrado, falando, pasan uns minutos de inactividade no teu portátil e salta o salvapantaias...
Publicado por iNo 0 comentarios
Gato decepcionado
23 abril, 2009
Acércaste sixilosamente, estas a punto de conseguilo, telo na punta dos teus dedos e de súpeto, esvaécese! Como te sentirías?
Publicado por iNo 0 comentarios
APM? 069 me la mueve...
Aquí vos deixo un revolto máis dos de Alguna Pregunta Més...
Publicado por iNo 0 comentarios
APM? - Es de ser inútiles
21 abril, 2009
Alguna Pregunta Més? Fantástico programa de TV3 (Televisión Pública de Cataluña).
Este programa ten unha sección que é unha especie de zapping retocado por eles mesmos. Un dos programas que mellores momentos me está facendo pasar. Aquí vos deixo unha mostra.
Publicado por iNo 0 comentarios
El español en peligro...
20 fevereiro, 2008
Vemos que as tácticas usadas agora por señores e señoras agrupados en pequenas manadas das cales non lembro o nome, que últimamente proliferan no noso país coa idea de buscar conflicto con fins electorais onde non o hai nin haberá, xa foron postas en marcha fai tempo noutros lugares do estado co ese mesmo obxetivo: a imposición do español en detrimento dos dereitos dos falantes do resto de linguas oficiais.
Son estes que din "que sus hijos tienen problemas psicológicos porque les dan algunas asignaturas en gallego" ou que aos seus fillos para facer os deberes "les hace falta un diccionario". Gustaríame saber canta xente ten na casa un diccionario galego-español...e algúns ouveos máis que últimamente leo no periódico "El jueves".
Para combater este tipo de cousas o mellor é usar o humor, e rirte de novo (ademáis de cando lees por primeira vez o anterior), como fan nesta parodia da TV3:
Publicado por iNo 4 comentarios
Carretilla!!!!!!
03 janeiro, 2008
Algún día quero aprender a facer isto...
Publicado por iNo 1 comentarios
Categorías: Curiosidades, Humor, Videos
Personaxes montandoa en industriais, vigo.
10 novembro, 2007
En fin...
Publicado por iNo 4 comentarios
A rede en imaxes
29 outubro, 2007
Aquí tedes un recopilatorio de todo tipo de imaxes que sen internet nuncha chegarían a ser coñecidas. Supoño que vos soarán a maioría delas, Go!
Publicado por iNo 0 comentarios
Categorías: Humor, recopilatorio, Videos
Patada voladora!
17 outubro, 2007
Tremenda axilidade que ten a vaca...
Publicado por iNo 0 comentarios
Nuevas Generaciones
03 outubro, 2007
Como saberedes, ou non, as "Nueva Generaciones" do Partido popular lanzaron unha campaña titulada "Somos España". Campaña na que mostran o pouco respecto que teñen por calquera outra lingua que non sexa o español.
A versión "galega" do cartel, por chamarlle dalgunha maneira, de seis frases que contén, catro delas teñen erros de ortografía.
Primeiro escriben cousas como, "Nosa Xente", "Nosa Casa" e "Nosa Nación", esta xente non saben que os artigos posesivos levan sempre o artigo demostrativo diante exceptuando os seguintes casos (para que non haxa oportunidade de réplica):
- Cos nomes de parentesco: miña nai; nosos irmáns
- En exclamacións: ¡Meu Deus!; ¡Meu amigo, así son as cousas!
- Con nomes referidos a seres únicos ou a dignidades: Nosa Señora do Carme; Súa Excelencia
- Nalgunhas frases feitas: meu dito, meu feito.
Aquí vos deixo a obra de arte:
Publicado por iNo 3 comentarios
Categorías: Curiosidades, Humor, Imaxes, Nuevas Generaciones, Partido Popular, Política
Xogo de maos!
02 outubro, 2007
Eu o máximo que sei facer é a cabeza dun can...
Publicado por iNo 0 comentarios
Categorías: Curiosidades, Humor, Videos
Que vida esta...
26 setembro, 2007
Publicado por iNo 0 comentarios
Categorías: Curiosidades, Humor, Videos
Dalle Pluto dalle!
25 setembro, 2007
Aquí temos a pluto en plena persecución dun cativo que a saber que lle faría. Obsérvese como a intervención dun adulto deixa a Pluto KO.
Publicado por iNo 2 comentarios