Situación política galega.

26 setembro, 2004

Dende o meu punto de vista, Galicia está nunha etapa de cambio, que se vai acelerar pola crise interna do Partido Popular, xa que chegan aires de escisión interna e de que se rompa o partido (todo isto pódese seguir nos periodicos galegos que aparecen en links). Hai rumores de que no caso de que se rompa o partido vai haber eleccións anticipadas que serían para o 28 de Decembro deste ano, polo tanto, na miña opinión o PP perdería unha enorme cantidade de votos en con eles as eleccións. Isto non só viria provocado pola crise interna do partido, senón xa posiblemente pasara o mesmo (ainda que con menos gravidade) polos anos que leva este partido no poder, que xa se está gastando, e ademais volveu a presentarse Manuel Fraga que na miña opinión e na de moita xente esta moi maior para ese cargo, e moitos votantes do PP non lle votarían por esa razón. Agora ben, é hora de que BNG e PSOE xoguen as súas bazas, para asaltar o goberno da xunta, posiblemente haxa un goberno de cualición entre estes dous partidos, xa que é pouco probable que un deles acade a maioría absoluta, agora ben, a clave será: ¿Que partido dos dous obterá máis votos?.

0 comentarios: