Como ve un Galés Galicia
Outro artigo moi interesante que aparece no periódico Vieiros, que fala da visión que ten un galés de Galicia nunha recente viaxe a estas terras, e da a súa opinión sobre diversas cousas, e sobre o que lle gusta ou non.
Amigos de la "L" y la ignorancia.
A continuación vou reproducir un cacho dun artigo feito por Beatriz Guiance para o periódico electrónico Xornal que me parece moi interesante. Este artigo refirese as últimas iniciativas de algunhas persoas na Coruña como alcalde e outras para que o nome oficial e aparado polo estatuto e Tribunal Sumpremo a "La Coruña":
"E isto ven a conto da ignorancia de xente como Antonio Pernas, que en vez de levar con orgullo polo mundo o nome da Coruña (se é que se considera coruñés), pretende difundir o marxinado castelán deturpando polas pasarelas (supoño que de alto nível intelectual) o seu nome. Pretende acadar 50.000 sinaturas para reivindicar o barbarismo, marchando cunha caravana por toda a provincia como un feirante irreverente e caciquil.
Só espero que Sir Francis esta vez non bote man dos nosos cartos para secundar tal provocación como xa fixera cando pagou aos letrados com fondos públicos no proceso xudicial do topónimo. Aínda que non dubido que apoiará aos “amigos de la ele”. "
Artigo co que estou totalmente dacordo, é mais, por parte de Pernas demostra ignorancia, e por parte do Alcalde simplemente está violando a lei.
Recoméndovos a lectura completa do artigo haber que opinades, nese mesmo artigo fala tamén da decisión do BNG sobre a constitución europea.
Galiza | Galicia
21 dezembro, 2004
Assinar:
Postar comentários (Atom)
0 comentarios:
Postar um comentário