Como comentei recentemente a Universidade da Coruña puxo en marcha a súa propia rede wifi (programa uniwifi), mediante a cal a comunidade universitaria pode acceder a internet sen fíos gratuitamente cos seus portátiles.
Pois ben, despois de moitos intentos non conseguín conectarme.
Recentemente puxeron nesta web, un manual para todos aqueles que queiran conectarse.
Ben, entre outras cousas neste manual, ten como requisitos o baixarse o programa SecureW2, e outro dos requisitos é ter instalado o Service Pack2 ou no seu defecto unhas actualizacións.
Pois ben, onte por casualidade paseime pola páxina do programa SecureW2 he quedei "flipando" do que poñía na páxina principal, aquí o transcribo:
"Currently the new pre-configuration functionality of the SecureW2 2.2 installer will not work if Windows XP Service Pack 2 is installed. Although the pre-certificate installation and profile configuration will work it is not possible to configure a SecureW2 2.2 profile per SSID. We are working on the problem and hope to solve it soon."
En outras palabras que o SecureW2 non funciona co Service pack2 instalado.
Espero estar equivocado no que digo, porque se non....creo que non fan falla comentarios para definir a chapuzada que fixeron no caso de eu non o estar, pero espero que sio estea, teño fe e non ter eu a razón. Se tedes algunha corrección ou nova a cerca do tema deixade un coment, graciñas!
Universidade da Coruña (Uniwifi)
19 dezembro, 2004
Assinar:
Postar comentários (Atom)
0 comentarios:
Postar um comentário