Entschuldigung

05 fevereiro, 2005

Antes de nada pedir desculpas por estes días de ausencia, pero penso que esta falta está xustificada, xa que como bon estudante (0_0) estou de exames ata riba, e sei que se encendo o ordenador, non vou pasar nin 5 nin 6 minutos diante del... e entón é mellor nin acendelo.
Sorpréndeme gratamente o número de visitas que recibo diariamente a pesar de non estar actualizada a web, asique grazas a todos.
Bueno, ós/ás que estedes de exames, e os que non sorte que tedes, aínda que seguramente sexa peor ir traballar todos os días, pero bueno, eche o que hai!!
Por certo, cambiando radicalmente de tema, acábaseme de vir a cabeza que dentro de unhos días son as votacións da constitución europea, supoño que que todos xa léstedes a constitución para saber o que ides votar? ;) Sempre queda outra opción, facerlle caso ós políticos (que isto sería o mesmo que leer mal a constitución), non votar, ou facelo en branco, por non saber nin o que se está botando. Bueno deixo o tema aquí que me poño pesado co politiqueo.
Vou estudar e déixovos aquí un enlace a un par de blogs moi interesantes, dende o meu punto de vista claro... hahaha veña un saúdo chao meus!!!!!!
Blogss rlz!!!