Corta Corta

29 maio, 2005

Un novo personaxe apareceu na rede, agora o novo e innovador xa non é o conexiño Toby (ese rapaz que ameazaba con matar o seu coello se a base de doazóns e venta de merchandaising non chega ós 50mil dólares en xuño,o caso é que xa leva 30mil), nen os pais que subastaron o nome do seu fillo por Ebay para así conseguir cartos para que este fose a escola de golf de Tyger.

Agora o inquietante é un rapaz que ameaza con cortarse a (---) porque si, di que está decididido e co vai facer, e pide que lle deixen comentarios para animalo a que non o faga...

Podedes encontrar comentarios do tipo de: cortaa que depois volveche a medrar máis grande e máis forte...
Todo isto, por suposto, acompañados duns banners de publicidade de google, pero bueno, fai ben, é unha maneira de gañar diñeiro coma outra.

Algo se me ocorrerá a min...