Como saberedes, ou non, as "Nueva Generaciones" do Partido popular lanzaron unha campaña titulada "Somos España". Campaña na que mostran o pouco respecto que teñen por calquera outra lingua que non sexa o español.
A versión "galega" do cartel, por chamarlle dalgunha maneira, de seis frases que contén, catro delas teñen erros de ortografía.
Primeiro escriben cousas como, "Nosa Xente", "Nosa Casa" e "Nosa Nación", esta xente non saben que os artigos posesivos levan sempre o artigo demostrativo diante exceptuando os seguintes casos (para que non haxa oportunidade de réplica):
- Cos nomes de parentesco: miña nai; nosos irmáns
- En exclamacións: ¡Meu Deus!; ¡Meu amigo, así son as cousas!
- Con nomes referidos a seres únicos ou a dignidades: Nosa Señora do Carme; Súa Excelencia
- Nalgunhas frases feitas: meu dito, meu feito.
Aquí vos deixo a obra de arte:
3 comentarios:
todo vedaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaad.
Fixate neste anuncio:
http://youtube.com/watch?v=G1rOxJlxeGQ
Non se vos parece o tipo este,Nacho Uriarte, (repeinado para atrás) ao presidente de NNGG, ao tipo que di que esta ben armado.
Que medo non, van a por nós, aínda que si é por carallo...
e cando o quixeron arranxar aínda o fixeron peor, puxeron "ouctubro" jajajaja
Postar um comentário