Impresionante "Project Natal"

02 junho, 2009

Onte foi un día histórico no mundo dos videoxogos. Microsoft presentou na súa conferencia do E3 "Project Natal" un novo producto. Puidemos ver un dispositivo que se coloca baixo a pantalla da consola, e que inclúe micrófono, cámara e distintos sensores para recoñecer os movementos do xogador dun xeito revolucionario que sería algo así coma unha Wii sen precisar de mando, porque se controlaría con todo o corpo e incluso pola voz. Esta revolución é o que bautizaron coma Proxecto Natal (na honra da cidade brasileira do mesmo nome), e que permite un nivel de interacción nunca visto nunha consola de videoxogo e que chega a confundir coa ciencia-ficción en plan Minority Report.

Aquí vos queda o video para que vexades con detalle de que se trata.

0 comentarios: