GALIZA...

28 junho, 2005

Galiza amanece cunha nova esperanza no aniversario do Estatuto do 36.

Os milleiros de galegos que saíron a pasada noite para celebrar a vitoria da alternativa política ao goberno do Partido Popular teñen outro motivo para darlle maior sentido aínda á súa festa. Tal día como hoxe no ano 1936 a poboación galega refrendaba maioritariamente o seu primeiro Estatuto de Autonomía no marco da II República. Quedaban pouco máis de quince días para que o golpe de estado do xeneral Franco eliminase de vez non só o xermolo do proxecto nacional galego, senón a moitos dos que o fixeron posíbel.
*Artigo sacado do periódico Vieiros.