Mostrando postagens com marcador Curiosidades. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Curiosidades. Mostrar todas as postagens

Regala memoria

20 maio, 2009

Unha campaña efectiva ;)

Datos curiosos sobre o corpo humano

10 maio, 2009

1. La comida dura aproximadamente 7 segundos en ir de la boca al estomago.
2. El hueso de la cadera es más sólido que el cemento.
3. El pene de un hombre promedio mide tres veces el tamaño de su dedo pulgar.
4. Un pelo humano puede soportar el peso de 3 kg.
5. El corazón de una mujer late más rápido que el de un hombre.
6. Hay alrededor de mil millares de bacterias en cada uno de sus pies.
7. Las mujeres parpadean dos veces más a menudo que los hombres.
8. La piel de un humano pesa 2 veces más que su cerebro.
9. Su cuerpo utiliza 300 músculos solo para mantenerse en equilibrio estando de pie.
10. Si su saliva no puede disolver algún alimento, no lo puede saborear.
11. Las mujeres ya terminaron de leer este texto.
12. Los hombre siguen midiéndose el dedo pulgar.

The Longest Way: recorrendo China a pe, resumido en fotos time-lapse.

03 maio, 2009



The Longest Way é a web do alemán Christoph Rehage, que decidiu embarcarse na aventura de pasar un ano enteiro recorrendo China a pe.
Con isto, fixo unha marabillosa montaxe fotográfica, na que o único que cambia é a evolución da súa cara (pelo e barba), as diferentes paisaxes e os KM que leva percorridos.

Curiosidades reais...

08 janeiro, 2008

Carretilla!!!!!!

03 janeiro, 2008

Algún día quero aprender a facer isto...

Ilusión óptica

26 novembro, 2007

Só tes que observar estas imaxes dende a distancia a que normalmente visualizas a pantalla do teu ordenador, logo, pouco a pouco vaite separando ata ter uns metros de distancia coa mesma. Cal se atopa enfadado ou contento?

Ilusión auditiva...

10 outubro, 2007

Só tes que repetir o video cantas e cada vez escoitarás un "beep-beep" máis agudo...

Nuevas Generaciones

03 outubro, 2007

Como saberedes, ou non, as "Nueva Generaciones" do Partido popular lanzaron unha campaña titulada "Somos España". Campaña na que mostran o pouco respecto que teñen por calquera outra lingua que non sexa o español.

A versión "galega" do cartel, por chamarlle dalgunha maneira, de seis frases que contén, catro delas teñen erros de ortografía.
Primeiro escriben cousas como, "Nosa Xente", "Nosa Casa" e "Nosa Nación", esta xente non saben que os artigos posesivos levan sempre o artigo demostrativo diante exceptuando os seguintes casos (para que non haxa oportunidade de réplica):

  • Cos nomes de parentesco: miña nai; nosos irmáns
  • En exclamacións: ¡Meu Deus!; ¡Meu amigo, así son as cousas!
  • Con nomes referidos a seres únicos ou a dignidades: Nosa Señora do Carme; Súa Excelencia
  • Nalgunhas frases feitas: meu dito, meu feito.
E para rematar a faena, invéntase un mes, "Octubro"....

Aquí vos deixo a obra de arte:

Animais?

Este sorprendente video mostra como un leopardo caza e mata a un bauíno femia adulto. Ata aí todo normal, pero de súpeto o leopardo dase conta que agarrado ao morto corpo da femia atópase unha cría recen nacida. Fixádevos na reacción...


Leopard Feels Guilty

Xogo de maos!

02 outubro, 2007



Eu o máximo que sei facer é a cabeza dun can...

Que vida esta...

26 setembro, 2007

Ai mamaíña o tren!

21 setembro, 2007

Bangkok é unha cidade interesante por moitos aspectos da súa vida cotiá, pero sen dúbida este é un dos máis chamativos, e senón vexan a este tren pasando polo medio dun mercado, e, cando este remata de pasar como todos volven aos seus postos coma se nada.


Maxia ou ciencia?

Este vídeo ensínanos como transformar un líquido en sólido con só tocalo. Fermosísimas e chamativas imaxes.

O blogue dun morto

17 setembro, 2007

Hoxe vouvos contar unha historia que acabo de ler na prensa. Resulta que a policía foi capaz de capturar ao asasino dun rapaz chamado Simon e da súa irmá grazas ao blogue do primeiro.

O rapaz pendurou no seu último post o seguinte comentario "O ex mozo da miña irmá está aquí, fumando e recorrendo toa a casa, sorte que se irá cedo", pois nada máis lonxe da realidade, xa que minutos despois o nervioso fumador cravoulle na cabeza un pica-xeo.

O asasino, confiado de que fixo todo perfectamente e seguro de que borrou calquera proba que o puidese inculpar, foi ver a casa a semifinal da NBA tranquilamente, pero non contaba con que o post da súa vítima o delataba.

O blogue convertiuse nunha especie de vela-torio. Na súa penúltima post ten ao redor de 10 comentarios, e na derradeira, grazas a que o caso apareceu na prensa, vai por 4260.

Todo isto lévame a facerme moitas preguntas e a reflexionar profundamente, que ocorre coas bitácoras dos mortos? Algún día os meus fillos-netos, poderán dicir, vamos ao blogue do noso avó para ver que escribía? Teranme nas súas ligazóns? Riranse, cando eu xa non estea presente, coas paridas que puxen fai vinte, trinta ou corenta anos? (Esta posibilidade provoca en min un amago de ledicia).Cal será o meu penúltimo post? e o último? Algún día direi, maña contareivos unha historia que vos vai deixar de pedra, pero igual se da o caso de que esa historia nunca chegue, e vos que pensaredes, que me cansei de escribir no blogue, que me quedei sen conexión a internet, ou que finei? Seguramente moitos nunca saberedes realmente o que pasou.

Os blogues dos mortos, pódese dicir que sempre os manterán vivos, só eles coñecen a contrasinal dese seu anaco de vida pendurado da rede, ao que eles sós terán aceso ata o fin dos tempos ou ata que o administrador do aloxamento así o decida. Eu, manteño na esperanza, e nos meus favoritos, a bitácora de Jin Simon coa ilusión de que escriba un derradeiro post dende alá onde se atope.

Que será dos blogues dos mortos!


Non todo é o que parece

15 setembro, 2007

Aquí queda un maestro do debuxo e das ilusións que demostra que non todo é o que parece!

Pelícano comepatos.

12 setembro, 2007

Pois o título do video xa o di todo, un pelícano que se come un parrulo vivo.

Discoteca Aqua Sevilla

10 setembro, 2007

En vivo e en directo, dende Sevilla, chegoume un vídeo dun amigo que anda por alí traballando ou iso di el ;P.
Aquí volo deixo, como vedes é unha "serea" metida nunha piscina de cristal detrás da barra do bar...flipante.
Saúdos señor "brugal-cola".

Iron Maiden coas túas mans

17 agosto, 2007

Algunhos somos capaces de imitar certos sonidos coas mans (seguro que xa sabes a cal me refiro) pero hai outros que son unhos cracks!

Kevin James America's Got Talent Cut In Half Illusion Extra

11 agosto, 2007

Impresionante, como o fará?

Chisqueiro acendéndose a cámara lenta

28 julho, 2007