Planta droga

29 maio, 2007

Aquí vos deixo unha extraña pranta que atrae os gatos, si si os gatos. Pois resulta que os gatos de todo o mundo síntense fortemente atraídos por unha pranta chamada "nepeta cataria" que fai que os gastos se "exciten" dunha extraña maneira. Eles olfatéana, pásanlle a lingua e incluso chegan a comela o que lles produce un efecto moi relaxante e comportamentos extraños, como babarse, cazar ratos imaxinarios etc. Aquí vos deixo o video que volo explica moi ben e ademáis verédelos en acción. Herba gatuna.

Un suceso curioso foi o que sucedeu este pasado domingo durante a xornada electoral. Resulta que unha señora maior foi o banco días atrá, a retirar parte de pensión para gastos, e aproveitando que era época de rebaixas de sobres, colleu un sobre electoral e meteu 350 euros e noutro a papeleta (supoño que do PP...). Pois ben, chegou o domingo a hora de votar e xa vos podedes imaxinar o que pasou, pois no canto de levar o sobre coa papeleta o que fixo foi despositar o sobre cos 350 euros na furna.
O bo do asunto foi que ela deuse conta no mesmo instante de votar do erro que acababa de cometer e rogou encarecidamente que abrisen a furna, ó cal o presidente da mesa e os vocais se tiveron que negar xa que está prohibido facelo ata que rematen as votacións, ata o propio alcalde se tivo que desprazar o lugar dos feitos para tranquilizar a nosa querida señora...ai ai ai que cabeciña!
PD: Supoño que ó final da xornada electoral devolveríanlle os cartos, ou igual non! e puxéronlle unha farola diante da casa ou asfáltaronlle o xardín...quen sabe.

0 comentarios: