A ría de Ferrol, Reganosa

31 maio, 2007

Creo que de todos e sabido o que alí ocorre así que só farei unha breve introducción.

A ría de Ferrol: Reganosa alí plantada, non cumple os requisitos de seguridade e pon en perigo a saúdo da xente que vive preto dela, a ría a punto de ser destrozada e miles de persoas perden o medio de vida que cada día lles leva o pan a boca, e que fai o ESTADO para axudar e protexer o pobo?



E isto non é todo, recentemente o patrón maior foi detido e ingresou na cárcere por defender o seu e ós seus.
Cada barco que chega a ría ten que ser escoltado por terra mar e aire para que dous se beneficien e miles vivan perxudicados (xa vedes que se esmeran bastante no seu traballo), iso é democracia?

¡Loitador, non te deteñas!
Ten cada hora novo alento,
sigue a luz que te aloumiña,
mira a cotío pr'ó ceo.

Ún lado e outro do camiño
toparás pinchos e rebos,
e da estulticia e a enveja
ladraránche os cans famentos.

Loitador, non te deteñas!
¡Levas a verdá no peito,
e a estrela que te guía
ten resplandores eternos!

0 comentarios: