Exército Terracota

11 julho, 2007

11 de xullo de 1975

Achan o exército de terracota.
Un equipo de arqueólogos chineses anuncia o achado dunha gran tumba que contén máis de 6.000 estatuas de guerreiros de terracota de tamaño natural datadas entre 221 e 206 a. de C. As tallas, que representan soldados, as súas monturas e as súas armaduras, atopáronse próximas á antiga capital de Xian, no complexo funerario do primeiro emperador, Qin Shi Huang. De feito, as figuras foron modeladas a semellanza do exército real e cada unha das súas caras é diferente.
Máis información sobre os Guerreiros de Terracota.

0 comentarios: