Nezareth Casti Rey, ese é o nome do neno que con só 11 anos é predicador e está revolucionando sudamericana. É capaz de convocar a miles de persoas para que escoiten seus discursos sobre o "Creacionismo"(ideoloxía que nega a evolución humana).
Segundo as súas crenzas, todas as probas científicas (fósiles, xenéticas, evolución biolóxica..) son mentiras, e acéptase literalmente a creación do mundo e dos seres vivos como está descrito na Xénese da Biblia.
Persoalmente ás veces, certo tipo de xente dáme medo. Non o digo polo rapaz, que el é o que menos culpa ten, senón polos miles de persoas que van a escoitar a un neno que foi educado (ou adestrado coma pode ser un mono), por seus pais, titores, ou quen sexa, supoño que co fin que soen ter estas cousas, gañar diñeiro.
Aquí un dos fragmentos dunha das súas charlas adoutrinando ao persoal:
Imaxes propia dunha secta.
0 comentarios:
Postar um comentário