8 de xullo de 1838
O conde alemán Ferdinand von Zeppelin, un dos pioneiros da aviación, construíu o primeiro dirixible ríxido, que leva o seu apelido. Aínda que nun primeiro momento os seus concidadáns de Baden, escépticos ante as súas ideas, chamáronlle o Conde tolo, en 1900 logrou facer despegar unha aeronave nas beiras do lago Constanza.
Durante a Primeira Guerra Mundial, o zepelín foi utilizado para lanzar bombas sobre Gran Bretaña, pero despois do conflito instituiuse como unha aeronave de liña capaz de realizar traxectos internacionais. O seu servizo foi suspendido tralo accidente do Hindenburg en Nova Xersei, en 1937, 20 anos logo da morte do conde.
Ler máis sobre Ferdinand von Zeppelin.
Zeppelin
08 julho, 2007
Categorías: Almanaque Científico, Curiosidades
Assinar:
Postar comentários (Atom)
0 comentarios:
Postar um comentário