Cando leo cousas como estas, non sei se rirme ou chorar, só por respecto ás miles de persoas coas que ten manchadas de sangue as maos este impresentábel (aínda que sinceramente dubido que el teña realmente o mando no seu país...).
Pois ben, hoxe, George Bush, fixo honor á súa fama de (inútil?). Atopábase en Sydney realizando un discurso diante dun grupo de líderes empresariais asistentes a cumbre do Foro de Cooperación Económica (APEC) e dirixíndose ao primeiro ministro australiano dixo: "Grazas por ser un anfitrión excelente da cumbre da OPEP (Organización de Países Exportadores de Petróleo)".
Pero a cousa non rematou así, minutos despois referiuse as tropas australianas en Iraq, como tropas "austríacas".
Enlace de orixe.
Bush again...
07 setembro, 2007
Categorías: George Bush, Humor
Assinar:
Postar comentários (Atom)
2 comentarios:
sen lugar a dúbida foi un gran erro, pro eu estou acostumado a cometelos mais grandes.
Q fuerte! Quin lee tu blog! qué les darás Ino...
Postar um comentário