Hoxe vouvos contar unha historia que acabo de ler na prensa. Resulta que a policía foi capaz de capturar ao asasino dun rapaz chamado Simon e da súa irmá grazas ao blogue do primeiro.
O rapaz pendurou no seu último post o seguinte comentario "O ex mozo da miña irmá está aquí, fumando e recorrendo toa a casa, sorte que se irá cedo", pois nada máis lonxe da realidade, xa que minutos despois o nervioso fumador cravoulle na cabeza un pica-xeo.
O asasino, confiado de que fixo todo perfectamente e seguro de que borrou calquera proba que o puidese inculpar, foi ver a casa a semifinal da NBA tranquilamente, pero non contaba con que o post da súa vítima o delataba.
O blogue convertiuse nunha especie de vela-torio. Na súa penúltima post ten ao redor de 10 comentarios, e na derradeira, grazas a que o caso apareceu na prensa, vai por 4260.
Todo isto lévame a facerme moitas preguntas e a reflexionar profundamente, que ocorre coas bitácoras dos mortos? Algún día os meus fillos-netos, poderán dicir, vamos ao blogue do noso avó para ver que escribía? Teranme nas súas ligazóns? Riranse, cando eu xa non estea presente, coas paridas que puxen fai vinte, trinta ou corenta anos? (Esta posibilidade provoca en min un amago de ledicia).Cal será o meu penúltimo post? e o último? Algún día direi, maña contareivos unha historia que vos vai deixar de pedra, pero igual se da o caso de que esa historia nunca chegue, e vos que pensaredes, que me cansei de escribir no blogue, que me quedei sen conexión a internet, ou que finei? Seguramente moitos nunca saberedes realmente o que pasou.
Os blogues dos mortos, pódese dicir que sempre os manterán vivos, só eles coñecen a contrasinal dese seu anaco de vida pendurado da rede, ao que eles sós terán aceso ata o fin dos tempos ou ata que o administrador do aloxamento así o decida. Eu, manteño na esperanza, e nos meus favoritos, a bitácora de Jin Simon coa ilusión de que escriba un derradeiro post dende alá onde se atope.
Que será dos blogues dos mortos!
O blogue dun morto
17 setembro, 2007
Categorías: Curiosidades
Assinar:
Postar comentários (Atom)
1 comentarios:
Pois sí que... manda moito carallo, eh?
Postar um comentário