NO MEU SILENCIO ESTÁS TI

04 setembro, 2007

No silencio de min, cando ao remate do día
cede o semblante ao sosego
entre as cóleras iradas da urbe desenfreada,
de apresurados momentos, estás ti.
No pensamento imos xuntos
como autómatas movéndonos
eludindo e esquecendo
que aínda non somos bonecos.
...No crepúsculo da tarde
cando apaga os artificios do espectáculo
por fin!
e nos devole á soidade da noite no seu confín,
é cando o corpo esgotado,
tanxible amigo aparente, repousa deste vivir
voando aos longos espazos
na paz dos meus ollos pechos que afrontan a escuridade
para abstraído durmir.
Cando calaron as voces e as présas irreflexivas,
feroces no seu bulir, e este ritmo acelerado que sen xuízo e sentido
nos obrigan a ir e vir
transcorrendo apresurados os anos, meses e días,
áxiles neste fluír!,
...amotínome no caos que me condena sen ti
e recobro cada instane
que, desde o berce dos tempos,
me fixo ser tan feliz.

1 comentarios:

Salmonero disse...

Ole ole y ole!!!