El español en peligro...

20 fevereiro, 2008

Vemos que as tácticas usadas agora por señores e señoras agrupados en pequenas manadas das cales non lembro o nome, que últimamente proliferan no noso país coa idea de buscar conflicto con fins electorais onde non o hai nin haberá, xa foron postas en marcha fai tempo noutros lugares do estado co ese mesmo obxetivo: a imposición do español en detrimento dos dereitos dos falantes do resto de linguas oficiais.

Son estes que din "que sus hijos tienen problemas psicológicos porque les dan algunas asignaturas en gallego" ou que aos seus fillos para facer os deberes "les hace falta un diccionario". Gustaríame saber canta xente ten na casa un diccionario galego-español...e algúns ouveos máis que últimamente leo no periódico "El jueves".

Para combater este tipo de cousas o mellor é usar o humor, e rirte de novo (ademáis de cando lees por primeira vez o anterior), como fan nesta parodia da TV3:

4 comentarios:

Wicek disse...

Ufff Estaba dejando un comentario fiel a mi linea ;-) y me fijo que el idioma del blogger de Mandacarallo es el portugués. Veo... "um", "mensagem", "palavra" "não"... Hombre si aun no está disponible en gallego, déjalo en castellano... pero no... portugués.
Mandahuevos ;-)

Wicek disse...

Predicando con el ejemplo :-) Marginando al castellano a favor del portugués (y estoy diciendo portugués y no gallego). Ufffffffffffffffffffffff

iNo disse...

En blogger polo de agora non existe a opción en galego. Nesta situación vinme obrigado a escoller outra lingua.
Como a maior parte do meu blog é en galego (e como saberás, galego e portugés nun tempo foron a mesma lingua, e na actualidade aínda existen organizacións,colectivos, expertos na materia... que os seguen considerando a mesma lingua) creo que o máis coherente neste caso é escoller o portugués e non o español como lingua por defecto para o resto de opcións mentras non sexa posible utilizar o galego.

Un saúdo.
PD: de todos modos existe a versión en español deste blog que podes visualizar facendo click no icono facilmente identificable na esquina dereita da páxina.

Anônimo disse...

posiblemente os problemas psicolóxicos dos pais sexan os que causen máis problemas nos fillos.