Ryanair por fin chegou

18 dezembro, 2004

"A partir del 2006 París, Dublín y Bruselas se unirán a Londres y Frankfurt como destinos de Ryanair desde Lavacolla".
Así comeza unha noticia recollida do periódico O Correo Galego, unha noticia esperada por moitos como é o meu caso, xa que así temos abertas as portas ó resto de Europa a prezos moi baixos.
Dicir para quen non o sepa que Ryanair é unha compañía aerea de baixo custo, os seus billetes rondan o prezo de 5 euros, e porfín conseguiron traela a Santiago de Compostela, asique os que lles guste viaxar están de noraboa.
Na miña opinión isto vai servir para moito máis que para o turismo, vai conseguir atraer maior número de empresas xa que estarían nunha zona privilexiada porlas súas comunicacións internacionais, eliminando parte da dependencia de Madrid, non fai falla dicir tamén que ó aumentar o número de visitantes aumentarán os ingresos... A chegada de Ryanair co aumento de viaxeiros que normalmente conleva, pode facer que aumenten as inversións en Galicia (xa que ao haber maior número de visitantes, necesitaranse maior número de infraestructuras, sobre todo en comunicacións terrestres etc.)como se soe dicir os cartos chaman ós cartos.
En definitiva, as expectativas da chegada de Ryanair a Galicia parecen ser moi boas, haber se agora se cumpre o previsto...

0 comentarios: