Unha semana menos...

15 dezembro, 2004

Antes de nada dicir que esta última semana non puiden escribir nada aquí debido a que non tiven acceso a internet, de feito agora mesmo estou nun ciber poñendo o correo o día e comentando aquí algo. Aínda que podo dicir que a partir do próximo venres vou escrbir aquí diariamente.
Bueno dicir que este fin de semana saín de festa na Coruña, e non estivo nada mal, sobre todo o sábado aínda que había demasiada xente (claro está sempre quitando os problemas cos "xitanos" pero bueno iso é mellor deixalo a parte).
O mellor de todo e que esta é a última semana de universidade e xa chegan as navidadessssssss e máis festa!! Acabouse o madrugar por unhas semanas, chegan os polvoróns, a neve (haber se hai sorte e neva), as uvas (que por certo nunca dei tragados as 12 nas 12 campanadas e seguro que este ano menos porque estarei pensando na chorrada de Feliz ano 2005!!! Por el culo te la hinco!!! e entrarame a risa a min só) os regalos...aínda que por sorte ou desgracia non son aló moi abundantes, e tamén chega esa época na que a xente está de bo humor, que todo o mundo é boa persoa, que saes por ahí en fin de ano e a xente felicítate e dache unha aperta aínda que non che falara na vida etc.
Bueno sobre todo isto falarei máis adiante, que agora acábaseme a pasta no cyber e están moi caros :P veña que non me da tempo a escribir nada máis, un saúdo.
Vémonos.

0 comentarios: